Andadura Galega Cronometrada|

FEIRA CABALAR MOECHE

  • Organizador evento

    Asociación Ecuestre 23 de Abril

  • Fecha del evento

    23-04-2026

Descripción

Moeche: Onde a tradición ecuestre cobra vida.

Revive a historia na lendaria Feira do Cabalo de Moeche. Cada 23 de abril, o noso concello convértese no epicentro do mundo cabalar, reunindo a centos de exemplares nun ambiente único de competición e irmandade. Asegura a túa praza nas probas oficiais e forma parte dunha tradición que se remonta á Idade Media. ¡Non quedes fóra da cita máis agardada do ano!

NORMAS PROBAS CRONOMETRADAS ANDADURA GALEGA 23 DE ABRIL 2026

Realízanse catro probas de Andadura Galega Cronometrada.

A entrada en pista será por grupos de 10 persoas con dereito a unha única volta de quentamento, de seguido entrarán directamente na proba cronometrada, sin volta de reconocemento.

Cada proba sumará 10 segundos ó tempo final de cada cabalo.

As penalizacións efectuaranse cada vez que o cabalo perda o paso de andadura.

Será obrigatorio o uso de casco regulamentario.

Está prohibido o maltrato de animais, penalizándose coa descalificación.

As decisións dos xuíces de pista son irrevocables. As protestas continuadas serán motivo de descalificación.

Todos os participantes deberán presentar de forma online o seguro de responsabilidade civil do équido participante nas probas, eximindo á organización de calquera responsabilidade ante accidentes.

As inscricións realizaranse entre o 1 e o 17 de abril de maneira telemática cubrindo formulario online disponible no seguinte link: https://magmasports.es/es/evento/feira-cabalar-moeche ou mediante código QR. Non se recollerán inscricións posteriores.

Limítase o aforo a MAXIMO 180 CABALOS para as carreiras de Andadura Galega Cronometrada (máx. 3 cabalos por xinete), por orden de inscricións.

TODOS os cabalos de Andadura Galega Cronometrada deberán presentarse ANTES das 8.30h no Recinto Feiral para a entrega de dorsais e confirmación de chegada (medición de 8.30h a 10.00h).

TODOS os participantes de Andadura Galega Cronometrada deberán presentarse no Recinto Feiral coa documentación do équido.

Inicio de Carreiras as 11.00h.

Entrega de Premios ó finalizar as probas (hora aproximada 15.00-16.00h).

É requisito indispensable a comparecencia física do gañador para a entrega de premios (non se realizarán entrega de premios a terceiros).

NORMAS CONCURSO ANIMAIS 23 ABRIL 2026.

• MANADA MAÍS NUMEROSA. Valorarase o número de équidos que aporte o propietario, indistintamente da raza.

• PREMIO ESTAMPA E BELEZA . Valorarase o mellor cabalo e a mellor egua da feira, indistintamente da raza. Terase en conta a armonía de movementos, os coidados a presentación. Xulgarase durante o paseo cabalar tradicional. NON PRECISA INSCRICIÓN.

• Para optar a premio en calquera das categorías (AGÁS ESTAMPA E BELEZA) é necesario inscrición.

• Xinete máis veterano. Outorgarase ó xinete de maior idade da feira. Inscrición no palco o día da feira.

• Xinete que realiza o maior percorrido montado no seu cabalo para acudir á feira. Inscrición no palco o día da feira.

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.
    Máximo 3 caballos por propietario.
    La inscripción ha finalizado.