Carrera Popular|

SUBIDA AO CASTRO - CATEGORÍAS SUB 20 E INFERIORES

  • Organizador evento

    Single Track Outdoor Sports

  • Fecha del evento

    15-02-2026

Descripción

Singletrack Outdoor Sports organiza a SUBIDA AO CASTRO, proba que se disputará o vindeiro 15 de febreiro de 2026.

REGULAMENTO

 

XVIII SUBIDA AO CASTRO

Proba de atletismo popular pertencente o circuito municipal RunRunVigo 2026

 

CATEGORÍAS

Sub 8, 2019-2020

Sub 10, 2017-2018

Sub 12, 2015-2016

Sub 14, 2013-2014

Sub 16, 2011-2012

Sub20, 2007-2008-2009-2010

Masculino 1 - Feminina 1, 1987 ata 2006

Masculino 2 - Feminina 2, 1977 ata 1986

Masculino 3 - Feminina 3, 1967 ata 1976

Masculino 4 - Feminina 4, 1962 ata 1966

Masculino 5 - Feminina 5, 1961 ou anteriores

 

HORARIOS

 

Domingo 15 de febreiro

09:00 - 11:00 Recollida de dorsais e chip. Explanada do Náutico.

12:00 Subida ao Castro

13:00 Entrega de trofeos

 

CONDICIÓNS

 

  1. Singletrack Outdoor Sports organiza a SUBIDA AO CASTRO. Proba que se disputará o vindeiro 15 de febreiro de 2026.

 

  1. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.

 

  1. A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.

12:00 Homes e mulleres:

Percorrido de 3K.

 

  1. Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.

 

  1. As inscricións realizaranse a través da páxina web do servizo de cronometraxe www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito.

As inscricións pecharanse o mércores 11 de febreiro as 23:59h.. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.

 

  1. O custo da inscrición é de 10 euros para todas as categorías excepto as sub-, que será de 5 euros.

 

  1. Os dorsais e chips entregaranse o domingo 15 de febreiro dende as 9 ata as 11 horas nas inmediacións da liña de saída.

 

  1. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo.

 

  1. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.

 

  1. Premios. Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.

 

  1. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.

 

  1. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo ao regulamento en vigor.

 

  1. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil.

Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.

 

  1. Conforme á L.O. 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Singletrack Outdoor Sports con domicilio social en Rúa Gran Vía 161 1ºH, 36210 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito

ao enderezo sinalado, achegando unha fotocopia do seu DNI.

 

  1. Polo só feito de inscribirse, o participante declara que se atopa en estado de saúde óptimo para participar na SUBIDA AO CASTRO, comprometéndose a colaborar coa organización para evitar accidentes persoais. Autoriza ademais á organización a facer uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro material audiovisual no que poida figurar, aceptando a publicación do seu nome nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.

 

  1. A inscrición na SUBIDA AO CASTRO implica a total aceptación deste regulamento.

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.
    Distancia: 3 km
    3km +150m