Trail|

X TRAIL DOS PENEDOS 2026

  • Organizador evento

    Nós Somos Nós

  • Fecha del evento

    11-01-2026

Descripción

O X TRAIL dos Penedos 2026
Rexerase a través do seguinte regulamento que é de obrigada lectura e aceptación por parte de todos os participantes.

INTRODUCIÓN:

A asociación xuvenil "Nós Somos Nós" ten o pracer de presentar o "X TRAIL DOS PENEDOS 2026".
O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Como novidade, para festexar o décimo aniversario do Trail dos Penedos, este ano contamos con 3 percorridos, un longo
que será de 28 km aproximadamente con + de 1400m de desnivel positivo, un curto de 17 km aproximadamente con + de 800 de desnivel postivito,e tamén un mini trail cunha
distancia aproximada de 10 km, e 400m de desnivel positivo.

O prezo da inscrición ata o 22/12/2025 é de 20€ (longo), 15€ (curto) e 10€ (mini). A partires das 23:59 do 22/12/2025 ata o 07/01/26 ás 23:59h (dı́a que se pecha a
inscricións) o prezo será de 28€ para o percorrido longo, 21€ para o curto e 16€ para o mini. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais
poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.

Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.

A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:

  • Unha tapa de callos, pan, viño ou cervexa e sobremesa.
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 4 avituallamentos sólidos e lı́quidos no percorrido longo.
  • 2 avituallamento sólido e lı́quido no percorrido curto.
  • 1 avituallamento lı́quido no percorrido mini.
  • Regalo para os primeiros 150 inscritos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de cronometraxe.
  • Servizo de gardarroupa.
  • Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxı́a do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.

A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizase o dı́a 10/01/26 no lugar de saı́da no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio dı́a a partires das 8:00 ata media hora antes da saı́da de cada proba.

Artigo 1. ORGANIZACIÓN E DESCRICIÓN DA PROBA:

1.1 A Asociación Xuvenil “Nós Somos Nós” (de agora en diante, A organización), organiza o X Trail dos Penedos 2026.

1.2 Hai tres modalidades de proba, todas elas cronometradas con clasi􀏐icación xeral:

O trail longo é unha carreira por montaña cunha distancia de 28 km e un desnivel positivo de aproximadamente 1400 metros.
O trail curto é unha carreira por montaña cunha distancia de 17 km e un desnivel positivo de aproximadamente 800 metros.
O mini trail é unha carreira por montaña cunha distancia de 10 km e un desnivel positivo de aproximadamente 400 metros.

1.3 Todas as modalidades da proba celebraranse o dı́a 11 de xaneiro de 2025.

1.4 A proba longa dará comezo ás 09:45, a curta ás 10:30 horas, e o mini trail ás 11:00. O tempo máximo para 􀏐inalizalas será de 05:00 horas para o trail de 28 km, de 04:00 horas para o trail de 17 km e de 3:00 horas para o mini trail.

A organización poderá facer corte aos corredores que no percorrido longo non chegaron o Faro de Budiño nun tempo de 3:30 horas e no trail curto a San Cibrán nun tempo de 2:30 horas.

Artigo 2. PERCORRIDO:

2.1 Aı́nda que por distinto percorrido, todas as modalidades os itinerarios discorren na súa maiorı́a por pistas forestais e sendas. As persoas que incumpran ou causen danos dentro de espazos privados, serán responsables dos seus feitos.

2.2 Os percorridos estarán balizados pola organización con cintas de cor viva, sinais verticais, e outros elementos de sinalización situados a intervalos regulares, dependendo da  tipoloxı́a do terreo e dos camiños, sendo responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila.
Algúns tramos coincidirán con marcas de sendas sinalizadas, prevalecendo sobre estas sinais as balizas colocadas pola organización.

2.3 Os tramos do percorrido que discorran por estradas ou rúas de poboacións non estarán cortados ao tráfico rodado, aı́nda que si protexidos e indicados por persoal da organización, sendo responsabilidade de cada participante velar pola súa seguridade extremando as precaucións. Todo participante estará obrigado a cumprir as normas xerais de circulación viaria e as indicacións da organización, sendo responsable de cantas infraccións puidese cometer. Será obrigatorio cruzar as estradas polos pasos ou lugares habilitados para a ocasión e debidamente sinalizados.

2.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado.

2.5 Establécense unha serie de puntos de control, con tempos máximos de paso orientativos para os participantes, nos que se recomendará a retirada da proba e seguir as instrucións dos responsables da organización para retornar ao punto de inicio, pese a non ser obrigatorio.

2.6 Nas probas disporase de avituallamentos tanto lı́quidos como sólidos.

Artigo 3. REQUISITOS E INSCRICIÓN DOS PARTICIPANTES:

3.1 Para participar en calquera das probas, débense cumprir os seguintes requisitos:

3.1.1. Ser maior de idade o dı́a da carreira.

3.1.2. É necesario estar previamente inscrito nunha das modalidades e haber pagado a cota correspondente.

3.1.3. Todo participante, co feito de inscribirse de maneira libre e voluntaria ó X Trail dos Penedos 2026, declara coñecer e aceptar as disposicións que conforman o presente regulamento. Ademais, declara coñecer que se trata dunhas probas deportivas de certa esixencia fı́sica e manifesta encontrarse nunha adecuada forma fı́sica e mental, que lle permite afrontar dito esforzo, asumindo o risco desta práctica deportiva. En concreto, no momento da inscrición, o participante declara que: “Atópome en adecuado estado de saúde para participar no X Trail dos Penedos, eximindo de toda responsabilidade á organización, patrocinadores ou outras institucións participantes no evento ante calquera accidente ou lesión que puidera sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende este momento a exercer acción legal en contra de calquera de ditas entidades. Autorizo ademais a que A Organización faga uso de fotos, vı́deos e nome na clasi􀏐icación das probas, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago,  compensación ou retribución por este concepto”.

3.1.4. A inscrición realizarase na páxina web da organización: www.carnavalcastrobarreiro.com

3.2 NON se admitirán inscricións no dı́a da proba.

3.3 NON se establecerá ningún perı́odo de devolución das inscricións, excepto os casos por lesión xusti􀏐icados mediante informe médico e non antes de 15 dı́as da carreira. En dito caso, devolverase o custo da inscrición.

Artigo 4. METEOROLOXÍA:

4.1. A Organización resérvase o dereito de poder realizar as modi􀏐icacións que considere necesarias nos percorridos ou incluso a suspensión das probas ata o momento da saı́da se as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior supuxesen algún problema de seguridade para os participantes. Neste caso non se devolverı́a o importe da inscrición. As probas non se suspenderán polo tempo unha vez comezadas.

Artigo 5. SERVIZO MÉDICO E ASPECTOS DE SEGURIDADE:

5.1 Durante a carreira disporase dunha ambulancia.

5.2 A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola organización, non exime aos corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calquera outro participante que o necesite.

5.3 Ao mesmo tempo A Organización disporá de persoal (corredor “escoba”/quad “escoba” ou moto"escoba") que irá pechando as carreiras tras o último dos corredores. Ademais, a organización colocará persoal para orientar e axudar aos participantes en todos aqueles puntos que considere que poden resultar conflitivos.

Artigo 6. CATEGORÍAS E PREMIOS:

6.1 No presente regulamento establécense as seguintes categorı́as, tanto para o trail de 28km, o trail de17km e o trail de 10km:

  • Xeral (3 primeiros clasificados, masculino e feminino)
  • Veterano A (3 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 40 ata os 49.
  • Veterano B (3 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 50 ata os 59.
  • Veterano C (3 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 60 en diante.
  • Local (3 primeiros clasificados, masculino e feminino): Empadroados no municipio de Salceda de Caselas.

6.2 A idade a ter en consideración nestas categorı́as será a que o participante teña no mesmo dı́a das probas.

6.3 Non se poderán acumular trofeos.

6.4 A entrega de trofeos será aproximadamente sobre as 13:00 horas e a organización poderá esixir o DNI.

Artigo 7. PENALIZACIÓNS:

7.1 Será motivo de penalización e descualificación das probas:

  • Tirar desperdicios durante o recorrido fóra dos puntos habilitados a tales efectos nos avituallamentos.
  • Denegar auxilio a calquera participante que o necesite.
  • Non respectar o itinerario balizado ou sinalización do recorrido para atallar.
  • Non facer caso ás indicacións da organización.
  • Non levar o dorsal visible.
  • Quitar ou cambiar as marcas do material postas pola organización.
  • Calquera comportamento considerado como non deportivo, irrespectuoso co resto de participantes ou membros da organización (exemplo: impedir ser adiantado ou obstaculizar voluntariamente a outro corredor, etc.).
  • Provocar de maneira voluntaria, un accidente.

Artigo 8. MATERIAL ACONSELLADO:

8.1 A organización aconsella levar:

  • Gorra, viseira ou similar.
  • Teléfono móbil.
  • Calzado adecuado.
  • Vestimenta adecuada para a meteoroloxı́a.

Obrigatorio por a época do ano:

  • Manta térmica.

8.2 Autorı́zase o uso de bastóns, sempre tendo en conta que a súa utilización deberá ser en condicións que non supoña un risco para o resto de participantes, e que deberán levarse ata meta, non podéndose deixar en ningún punto do recorrido.

8.3 Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e di􀏐icultade da proba, que pode desenvolver, baixo posibles condicións climáticas de calor, choiva ou vento. Polo tanto, debe previr que a súa indumentaria, calzado, ası́ como as condicións fı́sicas necesarias, sexan as máis apropiadas para realizar a proba.

Artigo 9. ECO - RESPONSABILIDADE:

9.1 O X Trail dos Penedos 2026 transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico. Os participantes nestas probas saben moi ben que a montaña é un entorno fráxil que debe preservarse. Por isto, dende A organización, preténdese que esta sexa unha carreira ecoresponsable e respectuosa ao máximo coa montaña. O seu obxectivo é ter un impacto nulo sobre o medio natural e a concienciación de todos (participantes e acompañantes) para protexer este entorno excepcional.

9.2 Xestión correcta de residuos. Débense utilizar os puntos de recollida situados nos avituallamentos e/ou próximos aos mesmos, depositando neles tanto os residuos xerados nos avituallamentos (vasos de plástico) como os propios dos participantes (panos de papel, envoltas de suplementos enerxéticos, etc.).

Artigo 10. DEREITOS DE IMAXE:

10.1 Como xa se fixo referencia no Artigo 3, punto 3.1.3 , no momento da inscrición o participante declara que “Autorizo a que a organización faga uso de fotos, vı́deos e nome na clasificación das probas, nos medios de comunicación e/ou en Internet, carteis publicitarios, etc., sen esperar pago, compensación ou retribución por este concepto”.

10.2 A organización resérvase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, ası́ como a explotación audiovisual e periodı́stica da competición. Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá contar co consentimento da organización.

Artigo 11. PROTECCIÓN DE DATOS:

11.1 Da cordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluı́dos nun ficheiro privado propiedade da organización das probas incluı́das no X Trail dos Penedos 2026, con fins exclusivos de xestión das mesmas. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico asociacionnsn@gmail.com

Artigo 12. MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO:

12.1 A Organización resérvase o dereito a poder modi􀏐icar o presente regulamento. As modificacións serán debidamente comunicadas con antelación aos participantes.

12.2 A máxima autoridade é a organización.

En Salceda de Caselas a 11 de novembro de 2025

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre Percorrido Categoría
Rey Suárez Felipe Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Misa Paula Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Teijeiro Otero Mario Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Dasilva Lorenzo Álvaro Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Rodríguez Araujo Felipe Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
España Peteiro Rodrigo Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Puerta Martínez Borja Trail longo: 28km +1400m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Miranda Fariña David Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Fernández Cidras René Trail longo: 28km +1400m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Pereira Alonso Daniel Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Gómez lloves Cristina Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Hernández Bouzón Aranzazu Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Abril Groba Paula Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Álvarez Fernández Francisco Trail longo: 28km +1400m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
Bravo Pérez Oscar Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Cancelas vazquez eloy Trail longo: 28km +1400m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Alonso Pereira Marcos Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Castro Rodríguez Aurelio Trail curto: 17km +800m Veteran@ C: Dende os 60 en diante
Garcia velasco Pablo Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Treinta González Jose Ignacio Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Vaqueiro Rodriguez Ruben Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Lago Buenestado IGNACIO Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Pereira Piñeiro Jose Manuel Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Vázquez Soto Isabel Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Piñeiro Álvarez Carlos Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Sergienko Aleksei Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Carreira otero Rocio Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Besada Álvarez Venancio Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Garabal Rivadulla Gustavo Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Costas Carrera Ismael Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Martinez Casaleiro Beatriz Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Cambra Gonzalez Pablo Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Vidal Juan Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
González Álvarez Marcelo Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Alonso Cabaleiro Sandra Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
RODRIGUEZ COSTAS JESUS Trail curto: 17km +800m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
Pintos Duran Teresa Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Sosa Gonzalez Pablo Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Fernandez Rodríguez Maikel Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Martínez Casqueiro Pablo Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Vila Araújo Iván Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Sousa Dominguez Adrian Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Castro Rivera Angel Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
GARCIA COSTAS Federico Amando Trail mini: 10km +500m Veteran@ C: Dende os 60 en diante
Oya Romero Alex Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Fernández Romero Eliseo Trail curto: 17km +800m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
González Martínez Amalio Trail curto: 17km +800m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
Amil Fernande Carlos Trail longo: 28km +1400m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Delgado Ramos José Carlos Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Castiñeira Fernández Adriana Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
García González Roberto Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
López Fernández Merchi Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Pérez Costas Victor Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
MINIÑO SOYA Iago Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Rodríguez González Nerea Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Calvo gonzalez Yago Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Sabucedo Collazo Daniel Xesús Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
González Sendin Alberto Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
NUÑEZ TRONCOSO JOSE MANUEL Trail curto: 17km +800m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
López Cerqueira Mónica Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Gómez Díaz Ana Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Cebada Otero Maria de los Reyes Trail mini: 10km +500m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
Fernandez Gomez Jose Alberto Trail longo: 28km +1400m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Santalices del Río Daniel Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
ALBORÉS MÍGUEZ Jorge Trail longo: 28km +1400m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
Antonio Martinez Olalla Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Vázquez Estevez Jesús Trail mini: 10km +500m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59
Melón Parente Teresa Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Sotelo Álvarez María José Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Robledo Rivera Katia Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Domínguez Lemos Adrian Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Grandal Chivite Guillermo Herman Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Jardón Jardón Sabela Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Martínez Leyenda Lourdes Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Castro González Isabel Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Santorio Moscoso Hugo Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
García Fernández Jose Luis Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Brito Alonso Paula Trail mini: 10km +500m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
González da Cruz Lucía Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Domínguez Vázquez Jose Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Armada Diaz Jacobo Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Pereira Magallanes Lucía Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Alonso Barbosa Diego Trail mini: 10km +500m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Cid Jose Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Garcia carod Daniel Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Hermida Fernández Jose Manuel Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
González Groba Óscar Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Lojo Lendoiro Elena Trail curto: 17km +800m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Lago Carrera Ramon Trail curto: 17km +800m Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49
Carrera Vicente Juan Ignacio Trail longo: 28km +1400m Xeral: Dende os 18 ata os 39
Vaqueiro Mariño Xosé Manoel Trail longo: 28km +1400m Veteran@ B: Dende os 50 ata os 59

Inscripción

  • Nº inscritos 91 de 500
    Fecha límite
    28 d
    15 h
    32 m
    18 s