Carrera Popular|

XIII CARREIRA DA CEREIXA

  • Organizador evento

    Asociación de Veciños de Beade

  • Fecha del evento

    24-05-2026

Descripción

O 24 de maio de 2026, a Asociación de Veciños de Beade organiza a XIII carreira popular “Festa da cereixa”, coa colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de RUNRUN VIGO 2026.
Esta carreira pertence ao circuíto de carreiras populares RUNRUN VIGO 2026. (Concello de Vigo).

1. Regulamento da proba:


Artigo 1:
O 24 de maio de 2026, a Asociación de Veciños de Beade organiza a XIII carreira popular “Festa da cereixa”, coa colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de RUNRUN VIGO 2026.
Esta carreira pertence ao circuíto de carreiras populares RUNRUN VIGO 2026. (Concello de Vigo).
Artigo 2:
A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que percorrerán as
categorías desde xuvenís ata veteranos (femininos e masculinos).
Artigo 3:
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
Artigo 4:
A entrega do dorsal, chip e obsequio farase o venres 22 de maio de 17:00 h a 20:00 h e o sábado 23 de maio de 11:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h no Decathlon Vigo – Parque Comercial Meixueiro (Crta. de Madrid, 158 (A-55 Saída 664)). O día da carreira realizarase nas instalacións da Asociación de Veciños de Beade (Estrada Coutada nº 42).
Artigo 5:
O prezo de cada inscrición será de:
11€ aberta ata o 19 de maio (10 km).
9€ aberta ata o 19 de maio (5 km).
3€ aberta ata o 19 de maio (carreiras de nenos/as).
En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
As inscricións efectuaranse nas páxinas webs da RunRunVigo e Magmasports e poderanse facer ata o martes 19 de maio ás 20:00 h no Centro Cultural de Beade (Estrada Coutada nº 42).
Artigo 6:
O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible.
En ningún caso permitirase correr sen dorsal.
Haberá avituallamiento no km 5 aproximadamente e ao finalizar a carreira. Será imprescindible levar posto o dorsal para recibir avituallamiento.
Artigo 7:
O control do tráfico no percorrido corresponde á Policía Local.
Artigo 8:
Establécense as seguintes categorías absolutas nas carreiras de 5 km e 10 km:
Femininas Masculinas Ano de nacemento
F-1 M-1 Entre 1987 - 2006 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1977 - 1986 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1967 - 1976 (ambos incluídos)
F-4 M-4 Entre 1962 - 1966 (ambos incluídos)
F-5 M-5 1961 ou anteriores
Os premios non serán acumulables.
Establécese como premio, trofeo aos tres primeiros de cada categoría, exceptuando a carreira de 5 km, onde soamente levarán premio os tres primeiros da xeral (masculino/femenino).
Artigo 9:
Os participantes deben coñecer o percorrido da carreira.
Cada participante deberá correr co seu dorsal e chip, en caso contrario será descualificado.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os corredores se poidan facer durante o transcurso da carreira.
Toda persoa que incumpra a normativa da carreira poderá ser retirada da clasificación final.
O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de non adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal auxiliar da mesma.
NON se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou outros modos de locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.
Artigo 10:
DESCUALIFICACIÓNS
A organización da carreira poderá descualificar a calquera corredor que manifeste un mal estado físico, a todo corredor que non realice o percorrido completo, o corredor que dobre ou manipule a publicidade do dorsal ou a aquel corredor que manifeste un comportamento non deportivo ou sexa reiterativo nas protestas á organización á marxe do estipulado no artigo 12 deste regulamento.
Artigo 11:
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse por escrito á organización, achegando a cantidade de 50 euros en concepto de depósito ata que a organización resolva sobre a reclamación presentada no tempo necesario para efectuar as comprobacións e consultas oportunas. Se o veredicto considera a reclamación xustificada procederase a devolver a devandita cantidade. O participante que non se axuste a este proceso poderá ser descualificado en aplicación do artigo 10 deste regulamento.
Artigo 12:
A organización declina toda a responsabilidade dos diferentes prexuízos que a participación nesta carreira poida ocasionar aos inscritos.
Os participantes renuncian a toda acción legal, non limitada ao risco de lesións, que poidan derivarse da participación na carreira.
Os participantes autorizan aos organizadores rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
O corredor, polo feito de participar na proba, acepta este regulamento. A súa interpretación e todo aquilo que non quede expresamente regulado, será decidido pola organización.
Artigo 13:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización.
Artigo 14:
A organización desta proba porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas ata as 14:00 h nas instalacións do C.E.I.P. Coutada – Beade.
Os participantes terán a súa disposición un aparcadoiro no C.E.I.P. Coutada – Beade ata as 10:00 h. A partir desa hora terán que aparcar nos arredores da Igrexa de Santo Estevo de Beade ou Polígono Industrial Seixiños.
Artigo 15:
CARREIRAS DE NENOS/AS
A partir das 11:30 h se levarán a cabo as carreiras para nenas e menos, establecéndose as seguintes categorías e lonxitudes a percorrer:
Categoría Ano de nacemento Distancia
Xuvenil 2007 – 2010 4.000 metros
Cadete 2011 – 2012 2.000 metros
Infantil 2013 – 2014 1.500 metros
Alevín 2015 – 2016 1.000 metros
Benxamín 2017 – 2018 500 metros
Prebenxamín 2019 – 2020 300 metros
Pitufos 2021 200 metros
Pitufos 2022-2023 100 metros
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre Categoría
Cabaco Campos Jose Manuel
RODRIGUEZ FLORES MARCO ANTONIO
Sergienko Aleksei
González Abeijón Fernando
BORRAJO MENOR EMMA
VILA ALONSO JOEL
Rodriguez Arcay Romina
Lamas lorenzo Adrian
Fernandez Pol Oscar
Sabino porto Fonso
España López Juanjo
Dios Costas Pablo
BLANCO CALDAS IVAN DIEGO
Ferreira Morais Pablo
Míguez Cameselle Pablo
Macías Nogueira Antonio
Lorenzo Blas Lucas
Gonzalez Castrillon Monica Gonzalez Castrillon
del Caño Castro Miguel
Coya Novas Alberto
Neal Batiz Claritxa
Pazos Comesaña Isidro
Gonzalez Paredes Breogan
Rivera Guillade Martín
Navia iglesias Ruben
Blanco Núñez Enrique
Noya Fernandez Rebeca
Ubeira González Mario
Sebastian Lago Alejandro
Álvaro Cancelas Claudia
Rodríguez Armesto Ana María
ROMAY VAZQUEZ ANDREA
Valverde Costas Noé
Pardo Porto Daniel
Carballo Salgado Paula
Martínez Alvarez Carolina
Otero Peña María José
Urbano Martínez Jorge
COUCE SENRA ÓSCAR
Vila Mariño Monica Pitufos 2022 -2023
Salgueiro vila Aine Prebenxamín 2019 – 2020
Salgueiro Vila Teo Pitufos 2022 -2023
Lago Lojo Pedro Pitufos 2022 -2023
Leirós Vila Daniel Prebenxamín 2019 – 2020
MARTINEZ QUINTELA THIAGO Prebenxamín 2019 – 2020
Santos Gómez Martina Prebenxamín 2019 – 2020
Cabral Álvarez Chloe Prebenxamín 2019 – 2020
Lorenzo Saldaña Mario Prebenxamín 2019 – 2020
Lorenzo Saldaña Leo Pitufos 2022 -2023
Garcia Vila Elena Prebenxamín 2019 – 2020
GONZALEZ PEREZ LUCAS Benxamín 2017 – 2018
GONZALEZ PEREZ ROSALIA Prebenxamín 2019 – 2020
COUCE AMARO ALEJANDRO Pitufos 2022 -2023
COUCE AMARO ÓSCAR Benxamín 2017 – 2018

Inscripción

  • Nº inscritos 25 de 300
    Fecha límite
    29 d
    09 h
    37 m
    40 s
    Distancia: 10K
    Distancia: 10k / Prezo: 11€ /  Hora de saída: 10:30 
    Nº inscritos 14 de 200
    Fecha límite
    29 d
    09 h
    37 m
    40 s
    Distancia: 5K
    Distancia: 5k / Prezo: 9€ / Hora de saída: 10:30h
    Nº inscritos 15 de 200
    Fecha límite
    29 d
    09 h
    37 m
    40 s
    Distancia: 4k / 2k / 1,5k / 1k / 500m / 300m / 200m
    Distancias: 4k / 2k / 1,5k / 1k / 500m / 300m / 200m / Prezo: 3€ / Hora de saída: 11:30h